Cotas Colexiais 1º Semestre 2022
Data: Abril 24, 2024

Cotas COTSG 2022. Remesa 1º Semestre.

Prazo: ata o 7 de xuño de 2022

A finais do mes de xuño, vaise tramitar a remesa de recibos do primeiro semestre do ano 2022.

Os importes, igual que en anos anteriores, son os seguintes:

TIPO DE PERIODICIDADE
TIPO DE COTA ANUAL
SEMESTRAL
Cota colexial ordinaria

(persoas en activo)

150,00 € (xuño) 75,00 € (xuño)  / 75,00 € (decembro)
Cota colexial reducida 37,50 € (xuño)  / 37,50 € (decembro)

*COTA COLEXIAL REDUCIDA 2022:

A cota colexial reducida poden solicitala as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

1. Persoas en desemprego. Enténdense incluídas as Bolseiras/os.
2. Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
3. Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 Titulada/o Universitaria/o Medio.
4. Persoas Colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma/o.

Para solicitar a cota reducida correctamente debedes seguir as seguintes instrucións:

Remitir a solicitude antes do 7 de xuño de 2022 (A solicitude está en formato formulario web):

FORMULARIO

  Achegar xunto coa solicitude o informe de vida laboral. Este informe de vida laboral, pode solicitarse na web da Seguridade Social O informe de vida laboral ten que ser recente e actualizado.

A documentación deberá ser remitida ao correo electrónico info@traballosocial.gal ou ben por correo postal.

No caso de ter algunha dúbida poñerse en contacto co colexio en info@traballosocial.gal ou no 981 568 100.

Recordade:  O prazo de recepción de documentación remata o 7 de xuño de 2022. Toda aquela documentación recibida fóra destes prazos non terá validez para a aplicación da cota reducida. As persoas que se colexiaron neste semestre tamén deberán remitir a documentación.

As persoas que teñades que facer algún cambio nos vosos datos, debedes comunicárnolo canto antes.

NOTA IMPORTANTE:

TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SE TEÑAN ACOLLIDO Á REMESA EXTRAORDINARIA CON DESCONTO POR PRONTO PAGO ESTÁN EXENTAS DE PAGO ATA O VINDEIRO ANO E NON É PRECISO ENVIAR NINGUNHA DOCUMENTACION.

AS PERSOAS QUE SOLICITEN PAGO SEMESTRAL E SE QUEIRAN ACOLLER Á COTA REDUCIDA TERÁN QUE SOLICITALO E ACREDITALO TANTO NO 1º SEMESTRE (XUÑO) COMO NO 2º SEMESTRE (DECEMBRO)