Prácticas formativas non retribuídas en entidades públicas ou privadas de países europeos no marco do Proxecto Galeuropa AUCE 2018

A Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE é beneficiaria por cuarto ano consecutivo do Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa da Xunta de Galicia que promove a realización de prácticas formativas non retribuídas en entidades públicas ou privadas de países europeos.

O Proxecto Galeuropa AUCE 2018 consiste na xestión de 12 mobilidades, 8 a Lisboa (Portugal) e 4 a Sicilia (Italia), durante un período de 3 meses (setembro-novembro), no que as persoas participantes realizarán prácticas formativas en entidades acordes ao seu perfil e intereses profesionais. Dada a natureza da asociación, priorizaremos a persoas con formación na área social e/ou educativa.

Para poder optar é preciso ser beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e non ter participado en edicións anteriores do programa Galeuropa.

O proxecto inclúe soporte económico para o pago de tódolos gastos das persoas participantes (viaxe de ida e volta, aloxamento, manutención, transportes locais e seguros), así como acompañamento e apoio continuo por parte dos mentores, tanto en Galicia como no país de destino.

O período de presentación de candidaturas está aberto dende o 1 ata o 16 de Agosto do 2018.

Máis información: Galeuropa AUCE 2018

Cartaz galeuropa 2018
Falamos con Daniel Bóveda de @Accem_ong sobre traballo social, migrantes e persoas refuxiadas! Interesante para ler! https://t.co/QkRnbKFQ3v
Fundamental é coidar a quen coida https://t.co/kEarSSWIww
#25deAbrilSempre https://t.co/ji1ZhtjupY
L. Andaluz: “Abordar a dignidade e a autonomía como concepto clave na atención a doentes ao final da vida, cun sufr… https://t.co/le1bDn2jLd
Nos centros educativos desenvólvense casuísticas nas que se fai precisa, sen dúbida a intervención da ou do traball… https://t.co/zI6LsiD8Pw
.@sermosgaliza recolleu o traballo do alumnado da EUTS cos mapas corporais https://t.co/uareJud9k2
Se queres coñecer o programa CoidarNos para persoas coidadoras de dependentes, gañador do premio Boas Prácticas do… https://t.co/7c6y1QbHpg
A compañeira de Xunta de Goberno, Antía Sobrino, falou con @prazapublica sobre o #DíaMundialdelTrabajoSocial que ce… https://t.co/874ZFTli6F