Convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. (DOG nº 244 do 27/12/2017)

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.


– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 153 prazas.


– Novas prazas: 400 prazas.


• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.


– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 35 prazas.


– Novas prazas: 400 prazas.


Persoas en listas definitivas de persoas en lista de espera


1. Para as cualificacións profesionais da área de Atención sociosanitaria a persoas dependentes, o procedemento realizarase en dous períodos:


• O primeiro para aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016.


– 153 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.


– 35 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.


• E un segundo período para todas aquelas persoas que non se atopen nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria.


As persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera indicadas nos puntos anteriores:


• Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación.


• A partir do día seguinte á publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a través da páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional, indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.


• No momento de iniciar a fase de asesoramento, terán que formalizar o pagamento das taxas, segundo se indica no artigo 17 desta orde e poderán actualizar a súa experiencia laboral e formación.


Estas listas definitivas de persoas en lista de espera están dispoñibles para a súa consulta na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional.

Desde o COTSG mostramos a nosa repulsa ❌❌ antre o triple asasinado machista perpetrado en #Valga. 👉Aolidarizámonos… https://t.co/8bqruCCZYL
#FormacionCOTSG En colaboración coa @Xunta (Consellería de Sanidade) nace este curso indispensable para as traballa… https://t.co/4oS8lwrVgj
Para conseguir unha reducción sostida do número de #suicidios, incluso en épocas de adversidade socioeconómica, os… https://t.co/dv6eUaj6zZ
👉Galicia é a 2° comunidade, logo de Asturias, con maior taxa de suicidios 👉Segundo os últimos datos estadísticos, p… https://t.co/WM0DgcbwQh
‼Estase a esgotar o prazo 🕐 para que te matricules: 👉Introdución á Ética da Intervención Social 👉Intervención soci… https://t.co/Uy5r97Gp4c
👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV