Axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018

Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 246 do 29/12/2017)

Prazo de presentación de solicitudes

Será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2018 e sempre que o fillo ou filla nacese con anterioridade ao seu regreso, este prazo de dous meses contarase a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.

 
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp
Hoxe é Día Mundial para a Prevención do Suicidio. Fixemos esta creación con 4 ideas falsas que dificultan este trab… https://t.co/8WxenuoIHh
Desde o #COTSG apoiamos a #folga educativa do 10 e o 16 de setembro e facemos nosas todas as reivindicacións formul… https://t.co/taigSLyzca
A compañeira de Xunta de Goberno, Ana Vilar, falou con Luís Iglesias da @SerGalicia sobre a preocupación do… https://t.co/OufVcw3HPw