Premios Traballo Social 2018

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) co fin de incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade, creou uns premios de carácter anual que contribúan a acadar ambas fins.

Establécense tres categorías:

  • Categoría Investigación: consistirá en recoñecer un traballo de investigación realizado por traballadores/as sociais colexiados/as. A investigación deberá estar rematada no momento da solicitude.

  • Categoría de Boas Prácticas: consistirá en recoñecer unha experiencia de boa práctica, realizada por traballadores/as sociais colexiados/as, entendida esta como forma óptima de executar un proceso que poida servir de modelo para outras entidades ou organizacións.

  • Categoría de Traballo de Fin de Grao (TFG) ou Traballo de Fin de Máster (TFM): consistirá en recoñecer un traballo de fin de grao ou fin de máster elaborado por persoas precolexiadas ou colexiadas do COTS de Galicia.


Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2018 (incluido)

Bases e formularios:
👉 Valoramos positivamente que o #Sergas veña de cubrir a praza tras a nosa reclamació e a da @galizaCIG 👉As consecu… https://t.co/NCNn2niVro
Tal e como recollemos na nosa #GuíaDeComunicación, a nacionalidade non aporta nada á noticia e só parece que busca… https://t.co/0B0WBbzlwf
👉Desde o COTSG trasladamos aos responsables a situación que viven as e os compañeiros dos EVOS e o deterioro dos de… https://t.co/iPUA4xJ6Bd
Demandámoslle ao #SERGAS que cubra a praza de #traballosocial no hospital público da Mariña que queda baleira en va… https://t.co/kQMYpV93TQ
Lorena Añón, profesora da EUTS para @el_pais: “Nos xuízos fálase das mulleres drogadas ou borrachas de xeito consta… https://t.co/q4PDcNjDgo
🙋‍♀👉Xa podedes descargar a revista galega de Traballo Social Fervenzas https://t.co/4LEYzQqhVJ 👓📖con relatos de mul… https://t.co/3FnAVXCioJ