Convocatoria para cubrir unha praza vacante na mesa de redacción de Fervenzas pola provincia de Lugo
Data: Novembro 26, 2024

Fervenzas é a revista galega de Traballo Social que acepta, para a súa difusión, traballos orixinais e inéditos de interese para a disciplina e para esta profesión en Galicia. No momento presente conta xa cunha traxectoria de 25 anos nos que non parou de achegar valor á profesión. Agora, nun momento de evolución e cambios, precisa incorporar un novo membro a súa mesa de redacción pola provincia de Lugo, se queres ser ti, atende aos requisitos:

Requisitos:  estar colexiada/o no COTSG e residir ou traballar na provincia de Lugo.

Perfil valorado para formar parte da mesa : a experiencia investigadora -publicacións realizadas-, experiencia profesional e formación académica relacionada coa investigación.

Solicitude: as persoas interesadas deben enviar esta solicitude cuberta e asinada así como breve currículum a: fervenzas@traballosocial.gal

Prazo: ata o 15 de setembro de 2022

Funcións:

  • Estimular a produción de artigos, buscando posibles autores/as e facilitando as revisións oportunas.
  • Asistir ás reunións convocadas ( O COTSG faise cargo dos gastos de desprazamento).
  • Ler e valorar os artigos presentados, tendo en conta os criterios de valoración, así como facer as propostas de mellora dos mesmos.
  • Tentar asistir ás asembleas ordinarias do COTSG (unha persoa da mesa) para que a revista se nomee  e se visibilice o traballo da Mesa de Redacción como unha forma mais de participar do colexio e da profesión.
  • Facer chegar á Xunta de Goberno as propostas oportunas para a súa valoración.
  • Calquera outra función que se poida asignar vencellada á publicación desde a mesa de redacción.

Esperámoste!