Coa entrada en vigor da Lei 8/2021, de 2 de junio, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, xerouse a necesidade de dar resposta a varias cuestións que esta normativa expón. Con este obxectivo, exponse esta convocatoria.
Traballaremos para definir o papel do Traballo Social nesta normativa, a formación adecuada para a súa aplicación, e tamén dando resposta ás diferentes actuacións que se vaian dando desde as administracións públicas.
Se tes experiencia nos ámbitos de saúde mental, servizos sociais comunitarios e/ ou discapacidade e dependencia e queres formar parte desta mesa de traballo envía un mail a: grupodetraballo@traballosocial.gal expoñendo a túa vontade de formar parte.