Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o mércores, 30 de xuño 2021 Hora: 16:30 1ª Convocatoria 17:00 2ª Convocatoria Lugar: A través da Plataforma Zoom – Online Asemblea Xeral. Orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea 2020
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria económica 2020
- Presentación e aprobación, se procede, dos Orzamentos 2021
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria Actividades 2020
- Presentación e aprobación, se procede, do Plan de Actividades 2021
- Aprobación, se procede, do Regulamento Interno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
- Aprobación, se procede, das Cotas colexiais.
- Rogos e preguntas.
Ao realizarse a Asemblea online atendendo á situación epidemiolóxica, prégase confirmación de asistencia a través do Formulario de inscrición, para poder recibir o convite por correo electrónico á sesión de ZOOM O prazo para a inscrición estará aberto ata o 25 de xuño ás 15.00h. RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO