Consulta pública: Lei pola que se modifica a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia
Data: Novembro 26, 2024

A Xunta lanza o trámite inicial de consulta pública para a reforma da Lei de Inclusión.

Entre o 30 de setembro e o 14 de outubro estará aberto o prazo para remitir achegas e opinións á Consellería de Política Social – Secretaría xeral técnica a través do formulario habilitado para tal efecto.Podes acceder a consulta pública e adxuntar as túas achegas aquí .

Non obstante, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ven traballando nos últimos meses neste asunto, en colaboración cos Grupos de Traballo de Inclusión e de SS.SS. Comunitarios, elaborando un documento de análise e consideracións para trasladar á Consellería, co obxectivo de adiantarse a esta consulta pública e poder achegar, desde a mirada do Traballo Social, cales son as necesidades reais neste ámbito e cales serían as medidas a adoptar para a súa mellora.

Así mesmo, para complementar este documento xa elaborado (Consideracionsinclusionsetembro2021), o COTSG quere contar con toda a colexiación para o envio de achegas e opinións, abrindo así un prazo interno do 1 ao 8 de outubro ás 15:00 horas para que remitades as vosas consideracións a través de info@traballosocial.gal, sendo valoradas para o seu posterior traslado conxunto a través do formulario habilitado ao respecto.

Agradecendo de antemán a vosa participación!