Consello de Benestar e ALEGACIÓNS ao Decreto que regula o procedemento para a Atención á Dependencia
Data: Decembro 10, 2024

O COTSG elabora e aporta alegacións ao Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

    • O documento ten como obxectivo analizar e propoñer melloras no Sistema de Atención á Dependencia en Galicia, abordando as necesidades identificadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). Ao longo dos anos, o sistema actual ten demostrado ser insuficiente para cumprir cos principios establecidos pola Lei, tales como a universalidade no acceso, a atención integral e integrada, e a inclusión da perspectiva de xénero, entre outros.
    • O COTSG, coa súa ampla experiencia e profundo coñecemento da realidade social, propón unha serie de consideracións e recomendacións destinadas a transformar o sistema de atención e coidados. Estas propostas buscan non só optimizar a calidade dos servizos, senón tamén garantir unha atención máis equitativa e centrada na persoa, adaptada ás particularidades de cada territorio e as necesidades específicas da poboación galega.
    • Esta análise estrutúrase en diversas áreas crave, destacando a importancia da ampliación da rede de servizos públicos, a adaptación de políticas innovadoras e conciliadoras, e o reforzo do persoal cualificado. Ademais, sublíñase a necesidade de mellorar a coordinación interadministrativa, establecer indicadores de calidade que certifiquen a eficiencia do sistema e simplificación do Informe social.

 

  • Consello Galego de Benestar:
    • O COTSG acude á reunión do Consello Galego de Benestar na Xunta de Galicia e puxo en valor a necesidade urxente de reformar e fortalecer o sistema de dependencia en Galicia, resaltando os seguintes puntos críticos: Máis investimento en servizos públicos; incrementar persoal especializado; atención personalizada; coordinación; distorsión nas prestacións económicas de oficio; tempos de espera; necesidade de simplificar o informe social, etc.