Concentración 17 de novembro EMERXENCIA DEPENDENCIA
Data: Novembro 14, 2025

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, como parte da Plataforma Galega EMERXENCIA DEPENDENCIA,  convoca unha concentración ás 11 horas diante do Parlamento de Galicia, co lema “A dependencia e os coidados non poden agardar, orzamentos sociais xustos xa!”

A mobilización ten como obxectivo denunciar a grave situación de emerxencia que vive o sistema galego de atención á dependencia, no momento que se están a debater os orzamentos para o ano 2026, lei que determina a dotación económica de todo o sistema.

Dende o COTSG animamos a toda a colexiación que teña dispoñibilidade a que participe nesta acción de defensa das condicións do sistema da dependencia.

Lee completa a nota de PRENSA, na que se convoca esta mobilización.