Comunicado de apoio do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Data: Outubro 3, 2025

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere manifestar o seu apoio ás profesionais afectadas pola situación laboral no servizo de Benestar Social do Concello de Lugo. Entendemos que se atopan nun momento complexo, no que o obxectivo principal sempre foi garantir un servizo de calidade á cidadanía e protexer as condicións de traballo dignas para todo o persoal.

Queremos subliñar que a nosa institución promove o diálogo, a mediación e a resolución de conflitos no ámbito laboral, sempre desde o respecto e a profesionalidade. Reiteramos que o noso compromiso é coa dignidade das traballadoras sociais e coa correcta atención ás persoas usuarias, e que continuaremos apoiando a consecución de solucións xustas e respectuosas para toda as partes implicadas.