REGULAMENTO DE PRECOLEXIACION NO COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

  1. INTRODUCCIÓN

A figura do alumnado precolexiado é transitoria e previa á de profesional colexiado e colexiada; créase para dar acceso ao estudantado que estea matriculado no Grao en Traballo Social e que desexe incorporarse ao COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA.

  1. OBXECTIVO XERAL

Facilitarlle o acceso ás persoas matriculadas no Grao en Traballo Social á futura colexiación.

  1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
    • Favorecer o contacto do COTSG co estudantado do Grao en Traballo Social de Galicia.
    • Promover a participación do estudantado no COTSG.
    • Pór os servizos do COTSG a disposición dos/as futuros/as profesionais do traballo social.
    • Facilitar a aproximación do alumnado á realidade profesional do traballo social.
  2. REQUISITOS PARA SOLICITAR A PRECOLEXIACIÓN
    • Ser estudante/a do Grao en Traballo Social.
    • Presentar a correspondente solicitude por escrito dirixida ao COTSG, acompañada da documentación requirida.
  3. DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR A PRECOLEXIACIÓN
    • 1 fotografía tamaño carné.
    • Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte.
    • Fotocopia da matrícula no Grao en Traballo Social do ano en curso.
    • Solicitude de alta de precolexiación cumprimentada.
  4. COTA DE PRECOLEXIACIÓN
    • Establécese unha cota de precolexiación de 30,00 €. O importe da cota poderá ser modificado por acordo da Xunta de Goberno do COTSG.
    • O feito de ser precolexiado/a, eximirá do pago da matrícula de colexiación (se se efectúa nos 2 anos seguintes desde o remate da titulación).
  5. LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

A solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación necesaria para solicitar a precolexiación, enviarase a info@traballosocial.gal ou presentarase na sede do COTSG sito na Rúa Dublín 6 baixo en Santiago de Compostela.

  1. DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS PRECOLEXIADAS

A figura da Precolexiación é totalmente voluntaria e non se adquiren os dereitos e deberes das persoas colexiadas, senón só o acceso aos servizos que se explicitan no presente regulamento.

Unha vez recibida a solicitude, o COTSG facilitará á persoa interesada un nº de precolexiación. confirmando así a súa inscrición. Dito identificador será anulado no momento que cause baixa a persoa pre-colexiada.

As persoas precolexiadas terán acceso aos mesmos servizos que as persoas colexiadas, agás á asesoría xurídica.

Serán servizos para as persoas precolexiadas:

  • Acceso á área privada da páxina web.
  • Acceso ás publicacións Fío e Fervenzas, realizadas polo COTSG.
  • Biblioteca e asesoría documental e bibliográfica.
  • Acceso á Convocatoria de Premios do Día Mundial do Traballo Social na modalidade de TFG – TFM.
  • Acceso a descontos nos cursos de formación e ás pílulas ou xornadas gratuítas do COTSG, dirixidas ás persoas colexiadas.
  • Acceso en calidade de oínte ás asembleas do COTSG.
  • Orientación laboral.

Son obrigas das persoas precolexiadas:

  • Aceptar o disposto no presente Regulamento.
  • Participar do uso e goce dos bens e servizos do COTSG nas condicións establecidas no presente Regulamento e nas disposicións xerais de uso da entidade.
  • Velar pola ética e a deontoloxía profesional.
  1. DURACIÓN DA PRECOLEXIACIÓN

A condición de precolexiación renovarase o 30 de setembro de cada ano a través da presentación dunha copia da matrícula do curso académico que corresponda.

Unha vez finalizados os estudos, e previa achega da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación universitaria de Grao en Traballo Social, poderá solicitarse a alta como persoa colexiada.

  1. PERDA DA SITUACIÓN DE PRECOLEXIACIÓN

Son causas da perda da condición de precolexiación as seguintes:

  • Petición expresa por escrito da persoa interesada ante o COTSG.
  • Falta da presentación da copia da matrícula do ano en curso no prazo establecido para tal fin.
  • Finalización dos estudos que conducen á obtención do Grao en Traballo Social.
  1. BOLSAS DE COLABORACIÓN

Obxecto: favorecer as relacións entre o COTSG e o alumnado das universidades galegas.

Distribución: o COTSG conta con 5 bolsas de colaboración anuais de precolexiación distribuídas en cinco categorías do seguinte xeito:

  • 1 bolsa 2º curso EUTS
  • 1 bolsa 3º curso EUTS
  • 1 bolsa 2º curso Facultade de Ourense
  • 1 bolsa 3º curso Facultade de Ourense
  • 1 bolsa para a UNED

        Funcións: facer de enlace entre o COTSG e o estudantado mediante diferentes accións:

  • Actualizar o taboleiro de anuncios do COTSG no centro de estudos
  • Transmitir as suxestións do alumnado á nosa entidade
  • Transmitir a información do COTSG ao alumnado.

Contraprestacións: as persoas bolseiras poderán acceder de balde a 2 cursos da convocatoria de teleformación  do COTSG no período que dure a bolsa.

Solicitude: as persoas precolexiadas interesadas en obter esta bolsa enviarán un correo electrónico a info@traballosocial.gal (indicando o seu nome, curso, universidade e nº de precolexiación).

Prazo: do 1 ao 15 de outubro de cada ano.

Proceso selectivo: o primeiro día hábil seguinte ao peche do prazo de recepción de solicitudes de bolsa, ás 12.00 horas na sede do COTSG, realizarase un sorteo por cada categoría entre as solicitudes recibidas.

Comunicación da resolución: na páxina web do COTSG e por correo electrónico ás persoas seleccionadas.

En caso de ficar deserta unha categoría a bolsa correspondente entregarase ao alumnado da outra categoría dentro do mesmo centro de estudos.

 

Solicitude_alta_precolexiacion (doc)

Solicitude_alta_precolexiacion (pdf)

Continuamos a reflexionar camiño do #8M. Esta vez, sobre perpetuamos unha concepción do éxito social filtrada a tra… https://t.co/TqDB7iBo7K
O COTSG súmase e apoia a folga do #8M O COTSG súmase e apoia #Folga8M de coidados, consumo, laboral e estudiantil d… https://t.co/Vpel456GYk
Seguimos reflexionando cara ao #8M #8deMarzo. Coñeces o concepto de #himpatía e a súa relación co concepto patriarc… https://t.co/0H3ykoqc9K
Sabías que... a diferenza entre a pensión media de mulleres e homes é de 422,35€ #8M #sabiasque #feminismo https://t.co/nrrt2IfWmf
Achégase o #8M e volvemos rescatar logros silenciados das mulleres para dar testemuña das súas contribucións ao pro… https://t.co/RPQUCGE1jU
Deixámosvos coa reflexión da Traballadora Social Belén Iglesias sobre a vulnerabilidade en que as demoras na vacina… https://t.co/jvAEpYRM8p
Continuamos preparando o #8M reflexionando sobre o papel e a desigualdade que experimentan as mulleres mesmo cando… https://t.co/cBwTe68jtL
O día 11 terá lugar a pílula formativa online 'Emprender en #TraballoSocial. Exercicio libre da profesión'. Deixámo… https://t.co/hkudcZuoO4
Nesta semana previa ao #8demarzo, Día Internacional da Muller, iremos compartindo convosco datos e curiosidades que… https://t.co/HjSdgrIumM
#FormacionCOTSG Durante os vindeiros meses de marzo e abril comezarán varios cursos de interese. Non perdas esta op… https://t.co/iSieJn7fP3
O #InformeSocial é un documento que ten consecuencias no proceso da #intervenciónsocial. Como tal, debe cimentarse… https://t.co/gXcwzvigwk
Logo da xuntanza entre o Colexio e o Partido Socialista, o @PSdeG rexistra unha iniciativa para que a Consellería… https://t.co/j6f4jZAcyd
Hoxe é o #DíaDeRosalía. A poetisa foi,ademais dunha defensora dos dereitos da muller, cuestionando os roles de xéne… https://t.co/DejrdpFVOW
#emprego #laboral Anunciadas as datas de exames da Xunta con 81 prazas do grupo A2 de #TraballoSocial. O primeiro e… https://t.co/DZecDl38y3
O #informesocial é unha ferramenta fundamental na #intervenciónsocial. Para realizalo adecuadamente, o persoal do… https://t.co/vtaJqGrp3j
A Asemblea Xeral da ONU afirma que a xustiza social non se pode acadar se non se respectan os dereitos humanos e as… https://t.co/OnWfT7fxAi
#formacionCOTSG #pilulasCOTSG Lembra que o próximo día 24 pecha o prazo de inscrición para esta pílula formativa… https://t.co/6ZPOcDT9mZ