Campaña da Renda 2020
Data: Abril 25, 2024

Desde o pasado 7 de abril podes presentar telematicamente a túa Declaración da Renda 2020. O prazo remata o 30 de xuño. Ao ser a colexiación un requisito de obrigado cumprimento para o exercicio laboral, tes a posibilidade de deducir a cota colexial na túa declaración (gasto deducible). Esta opción debe anotarse expresamente no borrador, ao non vir predeterminada. Contía a deducir -Ata 500 euros ao ano para traballadoras/es por conta allea. Con base no artigo 19.d da lei 35/2006 do IRPF e no artigo 10 do Regulamento do Real Decreto 439/2007. A contía desta cantidade indícase na casilla 0015 do apartado Rendementos do Traballo, no subapartado de gastos deducibles. -Sen límite de cantidade para traballadoras/as por conta propia. Un/ha profesional que exerce de maneira autónoma, no marco do réxime de estimación directa da declaración, pode deducirse a cota colexial sen límite como un gasto asociado ao seu exercicio. Faise na casilla 217 dos “Outros conceptos fiscalmente deducibles”. Debe xustificarse a correlación cos ingresos da actividade. Neste apartado recóllese tamén a posibilidade de incluír gastos tales como os derivados da adquisición de libros, subscrición a revistas profesionais e adquisición de instrumentos non amortizables. Igualmente, os gastos de asistencia a cursos, conferencias ou congresos, así como as cotas a corporacións, cámaras e asociacións empresariais. Lembramos que para un gasto sexa fiscalmente deducible debe terse devengado, contabilizado e ser xustificable -por exemplo, cunha factura-. Lembra que só poderás optar a estas deducións se estás a exercer a profesión. Ademais, en caso de que non estiveses colexiada/o durante todo o exercicio fiscal, só poderás deducir a parte proporcional (que poderás calcular a partir dos cargos en conta do COTSG). Podes ver o proceso no seguinte vídeo.