BOLSAS DO COTSG PARA A III ESCOLA DE VERÁN 2024. ¿QUERES ACUDIR?
Data: Xuño 15, 2024

BOLSAS DO COTSG PARA A III ESCOLA DE VERÁN 2024. ¿QUERES ACUDIR? lee as bases a continuación para poder participar!

PRIMEIRA.- Obxecto Chega a III Edición da Escola de Verán 2024 organizada polo Consello Xeral do Traballo Social en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Baixo o lema “As Artes para Cuid-Arte”, este ano celebrarase os días 21, 22 e 23 de xuño en Carballiño (Ourense) nunha contorna privilexiada coñecida pola súa beleza natural e a súa rica historia e cultura. O COTSG concede 7 bolsas para a participación da Escola de Verán. Estas bolsas están deseñadas para brindar a oportunidade de participación e desenvolvemento profesional e académico a persoas colexiadas comprometidas co Traballo Social.

SEGUNDA.- Persoas participantes e requisitos

  1. Poderán optar ás becas ás persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:
  • Estar de alta como colexiada/o ou precolexiada/o.
  • Estar ao corrente dos pagos.

TERCEIRO.- Prazo e lugar de presentación das solicitudes

  1. prazo de presentación será desde o xoves 16 de maio ata o xoves 30 de maio ás 23.59h.
  2. A solicitude deberá enviarse a grupodetraballo@traballosocial.gal, engadindo:
  • Nome e apelidos
  • Nº de colexiación
  • Contacto

CUARTO.- Proceso de elección As bolsas serán asignadas mediante un sorteo aleatorio realizado polo equipo técnico do COTSG.

QUINTA.- Notificación do resultado

  1. Tras o sorteo, enviarase un correo de confirmación da bolsa a cada persoa seleccionada individualmente. Ademais, publicarase unha listaxe das persoas gañadoras na páxina WEB do COTSG.
  2. No caso de que algunha persoa seleccionada non poda aceptar a bolsa por motivos persoais ou profesionais, procederase a contactar ás persoas na listaxe de espera na orde na que foron seleccionadas mediante o sorteo.

SEXTA.- Aceptación e compromisos

  • As persoas beneficiarias das becas deberá confirmar a súa aceptación dentro dun prazo de cinco días hábiles contándoos a partir da recepción do correo electrónico de confirmación.
  • A aceptación da beca implica o compromiso de asistir e participar nas actividades programadas na Escola de Verán.
  • A presentación da solicitude implica a aceptación de todas as condicións establecidas nestas bases.