Desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) queremos darche a benvida e convidarte a participar na Benvida Colexial, un espazo pensado para coñecernos mellor e achegarte todo o que o Colexio pode ofrecerche.
Será unha reunión dunha hora cunha persoa técnica do COTSG, na que poderás coñecer como funciona o Colexio, os servizos e beneficios da colexiación, os recursos dispoñibles e as posibilidades de participación. Ademais, será unha oportunidade para resolver dúbidas e compartir en que podemos axudarche ou como podes contribuír, como profesional, ao desenvolvemento da profesión.
📅 Datas dispoñibles:
- Xoves, 26 de novembro.
- Luns, 7 de decembro.
- Martes, 15 de decembro.
🕒 Horarios de mañá e tarde, con opción de participación presencial ou en liña.
Inscríbete a través desta ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1srQ6iTheHDJoatVz_B5u3DDP7scdyop8D0TRG-fWSyY/edit
Podes escoller a data, o horario e a modalidade que mellor se adapten á túa dispoñibilidade. Unha vez recibamos a túa inscrición, confirmarémosche a asignación da data e enviarémosche a información necesaria para participar. No caso das reunións en liña, facilitarémosche tamén a ligazón de acceso.
Agardamos que este encontro che axude a sentirte máis preto do teu Colexio e a descubrir todo o que podemos facer xuntas pola profesión.
Agardámoste!
Unha aperta.

