Avaliación do autocoidado e do benestar na intervención social | Cuestionario
Data: Maio 6, 2024

A Asociación Columbares, en colaboración co Grupo de Investigación de Psicoloxía Social Aplicada (GIPSA) e coa Unidade de Xénero do Servizo de Psicoloxía Aplicada (SEPA) da Universidad de Murcia, impulsa un proxecto para avaliar o autocoidado e os niveis de benestar emocional en profesionais da intervención social e profesionais que traballan con mulleres que sobreviviron á violencia de xénero.

Neste sentido, buscan a colaboración de profesionais do Traballo Social neste tipo de casos, que poden aportar a súa visión cubrindo este cuestionario.