Audiencia e información pública do Anteproxecto de Lei pública del Anteproxecto de Lei pola que se regula o exercicio da profesión de Axente de Igualdade
Data: Xaneiro 21, 2026

📢 Está aberto o prazo de Audiencia e Información Pública do Anteproxecto de Lei que regula o exercicio da profesión de Axente de Igualdade.

O Ministerio de Igualdade abriu un período de participación pública desde o 19 de decembro de 2025 ata o 31 de xaneiro de 2026, no marco do procedemento de elaboración desta futura lei. Durante este prazo calquera persoa, organización ou institución interesada pode formular apoios, achegas ou propostas sobre os contidos do anteproxecto.

👉 As achegas pódense enviar ao correo electrónico: agentesdeigualdad@igualdad.gob.es

Esta é unha oportunidade para participar no debate normativo sobre a regulación da profesión de Axente de Igualdade, un paso clave para recoñecer e ordenar as funcións, competencias e acceso á profesión no ámbito da igualdade efectiva.