ASEMBLEA COTSG 2024
Data: Maio 19, 2024

Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o martes, 28 de maio

Hora: 16:00 1ª Convocatoria – 16:30 2ª Convocatoria

Lugar: Modalidade MixtaA través da Plataforma Zoom – Online e/ou Sede do Colexio Profesional (Rúa Dublín, nº6 – Santiago de Compostela).

ORDE DO DÍA: 
1. Lectura  e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
2. Presentación e aprobación, se procede, da Memoria Económica 2023.
3. Presentación e aprobación, se procede, dos Orzamentos para o ano 2024.
4. Presentación e aprobación, se procede, da Memoria de Actividades do ano 2023.
5. Presentación e aprobación, se procede, do Plan de Actividades para o ano 2024.
6. Aprobación, se procede, do protocolo interno de acoso laboral no COTSG
7. Aprobación, se procede, do código de “bo goberno”
8. Aprobación, se procede, das Cotas colexiais.
9. Rogos e preguntas.

*Os documentos estarán dispoñibles próximamente

Ao realizarse a Asemblea en modalidade mixta e atendendo ao aforo da sede, prégase confirmación de asistencia a través do Formulario de inscrición, para poder recibir as instrucións de acceso e o convite por correo electrónico á sesión de ZOOM.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de maio ás 15.00h.

RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO