Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o martes, 28 de maio
Hora: 16:00 1ª Convocatoria – 16:30 2ª Convocatoria
Lugar: Modalidade Mixta: A través da Plataforma Zoom – Online e/ou Sede do Colexio Profesional (Rúa Dublín, nº6 – Santiago de Compostela).
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, a acta da Asemblea 2023
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria económica do ano 2023.
- Presentación e aprobación, se procede, da.Previsión de Gastos e ingresos para 2024.
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria do ano 2023.
- Presentación e aprobación, se procede, do Plan de actividades do ano 2024.
- Aprobación, se procede, do Codigo de “Bo Goberno”
- Aprobación, se procede, das Cotas colexiais.
- Rogos e preguntas.
Ao realizarse a Asemblea en modalidade mixta e atendendo ao aforo da sede, prégase confirmación de asistencia a través do Formulario de inscrición, para poder recibir as instrucións de acceso e o convite por correo electrónico á sesión de ZOOM.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de maio ás 15.00h.
RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO