“Cuída-T”, consiste en previr situacións de risco e/ou consumo de substancias, fomentando o proceso de maduración da mocidade, desenvolvendo os seus recursos persoais e relacionais para facilitar a súa inserción social.
O programa oferta asesoramento e acompañamento psicoeducativo, grupos de apoio entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros nos que poder evadirse de miradas ou o escrutinio ao que estxs menores se enfrontan diariamente.
Para formar parte deste programa podes escribir un mail a: arelasasociacion@gmail.com, ou ben enviar un whatsapp ou chamando ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 Hs.