Vense de publicar a Resolución de 28 de xullo de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 27 de Xullo de 2021, polo que se aproba o Catálogo de Medidas Urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero.
O Catálogo de Medidas Urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero inclúe o traballo en seis áreas determinadas:
- Prevención e sensibilización
- Detección temperá
- Autonomía económica e vivenda para as vítimas
- Medidas fronte á violencia vicaria e para a protección de nenos e nenas como vítimas directas da violencia de xénero
- Protección e seguridade
- Coordinación interinstitucional e formación.
Para Acceder a esta resolución, pulsa aquí.