O pasado sábado, aprobáronse no Parlamento os orzamentos de 2025 da Xunta de Galicia, que inclúe unha modificación da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, coñecida como lei de acompañamento aos orzamentos.
Estas modificacións teñen implicacións significativas para os servizos sociais en Galicia. Con este obxectivo, desde o Colexio animámosvos a participar e compartir á túa visión sobre as novas disposicións.
Solicitamos a túa opinión: Podedes enviar as vosas achegas e comentarios para que, entre toda a profesión, podamos reflexionar e mellorar o impacto destas medidas:
- a info@traballosocial.gal
- Asunto: Modificacións Servizos sociais