Ana Vilar nova Vicepresidenta segunda do Consejo General del Trabajo Social
Data: Decembro 22, 2024

O Consejo General del Trabajo Social informa que o 10 de outubro, Juan Manuel Rivera, que ocupaba a Vicepresidencia segunda da Junta de Gobierno presentou a súa dimisión por motivos persoais.
 
Conforme ós Estatutos del Consejo General, a Junta de Gobierno, na súa reunión de 21 de outubro, designou a Ana Vilar Varela, actual  Vicepresidenta do COTSG, como Vicepresidenta Segunda.

A Xunta de Goberno, en nome propio e do da colexiación do COTSG, dálle os parabéns a súa Vicepresidenta  e deséxalle que acade os logros que se propoña na xestión das súas competencias no órgano estatal.

As persoas que compoñen a Junta de Gobierno do Consejo General queren agradecre a Juan Manuel Rivera o seu traballo e o  compromiso  e defensa da profesión plasmados na súa traxectoria tanto neste Consello como no Col·legi de Treball Social de Catalunya.

Informase tamén que o posto de Vogal da Junta de Gobierno que deixa vacante Ana Vilar será ocupado pola suplente primeira, Fernanda Caro.