Actuación do COTSG para Garantir a Seguridade das Traballadoras Sociais: Envío de un Escrito ás Deputacións Provinciais
Data: Novembro 8, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) recibiu numerosas queixas por parte da colexiación sobre unha problemática da inseguridade que afrontan como traballadoras sociais durante as visitas domiciliarias. Ante esta situación, o COTSG enviou un escrito ás catro deputaciones provinciais solicitando a súa colaboración para abordar esta cuestión crítica, que entra dentro das súas competencias segundo o artigo 31 do Decreto 99/2012.

A natureza do traballo social implica que como profesionais se enfronten, ás veces, a persoas usuarias que poden presentar condutas antisociais, agresivas ou mesmo máis violentas, especialmente en contextos sensibles. Este risco aumenta significativamente nas visitas domiciliarias, onde as traballadoras sociais atópanse en espazos privados e sen supervisión, expostas a condicións laborais que afectan tanto á súa integridade física como psicolóxica.

A feminización do colectivo do traballo social agrava esta situación, xa que as mulleres representan á maioría dos profesionais, facéndoas máis vulnerables a ameazas, acoso e agresión por parte de persoas usuarias ou das persoas conviventes. A normativa vixente, como a Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia e o Decreto 99/2012, establece tanto o dereito das persoas usuarias a recibir atención individualizada como o deber de respectar a dignidade e a integridade profesional das traballadoras sociais.

Este conflito entre os dereitos dos usuarios e a seguridade das e dos profesionais requiren unha atención urxente. O COTSG solicita que se reforcen os recursos destinados ao traballo social e que se promova unha cooperación entre as administracións para garantir un ambiente laboral seguro e o acceso universal aos servizos sociais.

A intervención dos servizos sociais comunitarios é fundamental para asegurar a proximidade e a accesibilidade dos recursos das persoas usuarias, e a colaboración das deputaciones provinciais é crucial para articular mellores solucións posibles nesta materia.