Actividade da representación do COTSG no Consello Xeral
Data: Marzo 2, 2026

O Consello Xeral de Traballo Social  reuniu a representantes dos Colexios Oficiais de todo o estado durante este fin de semana en Alcala de Henares. O motivo foi celebrar os seguintes encontros:

  • IV Encontro de Presidencias e VI Encontro de Xerencias e Áreas Técnicas, celebrado os días 27 e 28 de febreiro co obxectivo de traballar un tema clave para a profesión: A colexiación obrigatoria. Este espazo de dialogo e coordinación da rede colexial traballou os distintos procedementos e casuísticas existentes para rematar establecendo unhas conclusións e liñas de traballo conxuntas.
  • Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada o día 28 de febreiro en modalidade presencias e telemática. Este órgano de goberno do Consello Xeral tomou as seguintes reunións.
    • Aprobación da memoria de actividades e económica do ano 2025.
    • Aprobación provisional do texto do novo Código Deontolóxico do Traballo Social.

Ao remate da Asemblea Xeral, a Presidenta do Consello Xeral, Emiliana de Vicente quíxolle agradecer o  esforzo realizado en favor da profesión e da estrutura colexial a Miriam Rodríguez, Presidenta do COTSG a piques de rematar o seu mandato.

O COTSG estivo representado nestes foros por Miriam Rodríguez, Presidenta en funcións, David Gontán, coordinador, e Rosario Capelo, secretaria e presidenta electa do COTSG, e Cristina Díaz, vogal da Xunta de Goberno.