Aberto o prazo para solicitar a cota reducida
Data: Maio 18, 2026

Xa está aberto o prazo desde o día venres día 15 de maio e permanecerá ata o domingo 14 de xuño ambos incluídos

Segundo o artigo 29 do Regulamento de Rexime Interno do COTSG:

Artigo 29.- Persoas con dereito cota colexial en desemprego.
Poderán solicitala as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  1. Persoas en desemprego. Enténdense incluídas as Bolseiras/os.
  2. Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
  3. Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 Titulado/a Universitario/a Medio.
  4. Persoas Colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma/o.

A solictude faise dende a área privada https://areaprivada.traballosocial.gal/login