Aberto o prazo para remitir suxestións: Proxecto de orde pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia
Data: Abril 25, 2024

Prazo para remitir suxestións: 19/11/2021 – 29/11/2021

Esta orde ten por obxecto modificar o módulo actual de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia, establecido no Anexo III do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, modificado pola Orde de 31 de maio de 2016.

A actual achega da Xunta é igual á diferenza entre o custo do servizo, declarado pola corporación local na xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais máis recente dispoñible, menos o importe da participación da persoa usuaria, por hora efectiva de atención xustificada a persoas con Programa individual de atención de servizo de axuda no fogar, sendo en todo caso dun máximo de 9,7 €/hora efectiva de atención xustificada.

O aumento dos custos dos servizos require, a través desta orde, dunha nova modificación que garanta a estabilidade do financiamento coa revisión e actualización da participación da Xunta. En todo caso, a achega por parte da Xunta de Galicia por cada hora efectiva de atención xustificada será dun máximo de 11,00 euros/hora ano 2021 e 2022, 11,50 euros/hora ano 2023 e 12,00 euros/hora ano 2024 e seguintes.

Acceso ao documento de proxecto aquí