Aberto o prazo para propoñer formacións do COTSG en liña
Data: Novembro 25, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) abre o prazo de presentación de propostas de accións formativas na modalidade de teleformación para o ano 2024. O COTSG busca conxugar a promoción da participación dos traballadores/as sociais na práctica docente coa formación de nivel de iniciación demandada polas persoas tituladas recentemente e as persoas en desemprego.

Poden propoñerse cursos de 30, 50 ou 100 horas, en distintas temáticas relacionadas coa profesión. O resto de detalles das propostas recóllense neste apartado da web.

As propostas poden presentarse ata o vindeiro 3 de novembro.