Aberto o prazo para novas inscricións nas listaxes profesionais
Data: Abril 19, 2024
O papel das persoas expertas nas diferentes especializacións dos Servizos Sociais é fundamental para favorecer o progreso axeitado no deseño, implementación e avaliación das medidas a tomar no desenvolvemento das diferentes políticas elaboradas por entidades tanto públicas como privadas. Por este motivo, a elaboración de listaxes de profesionais nos diferentes eidos é unha necesidade e polo tanto un obxectivo básico a cumprir para garantir a calidade, a distinción e a profesionalización que a profesión do Traballo Social se merece.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, como entidade que representa ao colectivo de traballadores e traballadoras sociais desta Comunidade Autónoma, entende necesario regular, elaborar, promover e difundir diferentes listaxes formadas por persoal especializado e experto.

Existen numerosos ámbitos nos que se valora necesaria a colaboración e a prestación de servizos das persoas profesionais do Traballo Social polo que as listaxes que se ofertan actualmente son as seguintes:

Docencia
Tribunais
Profesionais independentes
Expertos/as
Peritaxe
Mediación

Lembra que este aviso e só para novas inscricións 

As solicitudes de inclusión en cada listaxe (Anexo I) presentaranse no COTSG xunto coa
documentación pertinente do seguinte xeito:

  • Por correo electrónico a info@traballosocial.gal (indicando no asunto o nome da listaxe, por exemplo “Listaxe Docentes” e o feito “alta”)
  • Na sede  provisional do COTSG (Rúa do Hórreo, 54, baixo, Santiago de Compostela)

Prazo: Do 6 ao 20 de novembro de 2022

Podes acceder ás bases e máis aos anexos requeridos aquí:

BASES_LISTAXES_PROFESIONAIS_2022