Aberto o prazo para enviar os artigos á Revista Galega de Traballo Social ‘Fervenzas’
Data: Xullo 16, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia informa da apertura do prazo de recepción dos artigos para o vindeiro número da Revista Galega de Traballo Social ‘Fervenzas’. As persoas interesadas poden enviar os seus artigos ata o vindeiro 31 de outubro de 2023.  

A revista, que este ano cumpre 25 anos, conta con distintas seccións nas que encaixar as publicacións. Abrangue unha sección de artigos, con investigacións, experiencias profesionais, análises teóricas ou metodolóxicas e técnicas; a sección En Rede, que consiste na descrición dun equipamento, programa, servizo ou asociación; a sección de entrevista, con persoeiros de interese para a profesión; a sección comentarios, con opinións críticas de libros, revistas e coleccións editoriais; a sección espazo aberto, que recolle comentarios de documentais, filmes e páxinas web; e a sección reseña de investigación social.  

 Os contidos enviaranse por correo electrónico á dirección fervenzas@traballosocial.gal. Na web da revista podes atopar os últimos números publicados.