Aberto o prazo para a matriculación para colexiados/as de Traballo social no curso académico de idiomas 2022/23 que ofrece UNED
Data: Novembro 25, 2024

Xa está aberto o prazo para a matriculación para colexiados/as de Traballo social no curso académico de idiomas 2022/23 que ofrece o Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED. A súa finalidade é promover a aprendizaxe das linguas españolas cooficiais e idiomas estranxeiros. Estes ensinos impártense como títulos propios da Universidade a través dos Centros Asociados que colaboran co CUID.

O Consello Xeral ten asinado un convenio co obxecto de desenvolver programas de formación de idiomas a través do CUID. Os niveis están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e entre os 16 idiomas atópanse: inglés, francés, alemán, italiano, portugués, español, catalán, eúscaro, galego, árabe, chinés, ruso, xaponés ou lingua de signos.

Os prezos para colexiados/as para a matrícula semipresencial son 222 euros e para a matrícula en liña 164 euros. O proceso de matrícula deu comezo o 5 de setembro e finalizará o 21 de outubro.

Tedes toda a información aquí: http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,154330&_dad=portal&_schema=PORTAL