Aberto o prazo para a convocatoria dos Premios do Día Mundial do Traballo Social 2026
Data: Febreiro 5, 2026

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade. Para iso, organiza estes premios de carácter anual co propósito de contribuir  a acadar ambos fins.

O COTSG premiará no vindeiro ano 2026, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social.

Só se poderá concurrir a unha das modalidades. O prazo estará aberto dende o 30 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2026

Podes acceder á convocatoria completa no seguinte enlace https://traballosocial.gal/premios/