Abertas as listas de contratación da Xunta de Galicia
Data: Marzo 4, 2025

O DOG do 28 de febreiro publica a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades, e pola que se abre un prazo extraordinario de inclusión nas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No anexo III desa Resolución recolle que se abre, entre outras, a lista de “Escala técnicos facultativos. Especialidade Traballo Social”  Estas listas estarán abertas entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 2025 e son reguladas polo DECRETO 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, DOG 09.03.2006. Este decreto no aritgo 9 recolle os méritos polos que se baremaran as solicitudes ( notas no último proceso selectivo da Xunta de Galicia, chamamentos aceptados e tempo traballado na Xunta de Galicia)

A Resolución indicada tamén contén un procedemento para unificar as listas da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.