Abandónase a nomenclatura “Asistente/a social” por TRABALLO SOCIAL
Data: Novembro 27, 2024

O DOG publicou recentemente a ORDE do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Neste documento, establécese a equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral e as escalas de persoal funcionario. A antiga nomenclatura de asistente/a social abandónase en beneficio de traballador/a social, conforme a unha vella reclamación do colectivo que o COTSG asumiu e defendeu en varias ocasións.