A pandemia da COVID19 e os servizos socias
Data: Marzo 14, 2025
Estamos no aniversario do confinamento provocado pola pandemia da COVID 19 no ano 2020, e as posteriores restricións que se impuxeron as relacións sociais en función do índice de infectados e da vacinación contra o virus.
Os servizos sociais,  como  a totalidade da actividade do pais, atopáronse  con unha situación de todo inesperada e na que non había instrucións e poucas certezas. Nun primeiro momento a lóxica implicou que os servizos de atención ás persoas non se detiveran polo risco para a supervivencia da poboación atendida. Hai que lembrar que os centros residenciais de maiores, discapacidade e menores confináronse antes da poboación xeral.
Un días despois o goberno aprobou a  Orden SND/295/2020, de 26 de marzo, pola que se adoptan medidas en materia de recursos humanos no ámbito dos servizos sociais ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19. Publicada no BOE do 28 de marzo clasificaba como servizos esenciáis: Os centros e entidades que presten calquera dos servizos contidos no Catálogo de Referencia aprobado por Acordo do Consejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia el 16 de xaneiro de 2013, con independencia da súa titularidade, así como ós seus traballadores e  traballadoras calquera que sexa a natureza da súa relación contractual ou administrativa. Ós efectos do previsto na presente orde, os centros e entidades de titularidade privada a terán a consideración de operadores de servizos esenciais.
Esta norma significou un recoñecemento claro do papel básico que dos servizos sociais e das persoas que neles traballan como garantes dos dereitos básicos da cidadanía e un criterio para planificar o traballo nesas semanas estrañas e difíciles.  A vontade de todas as persoas que continuamos indo a traballar atravesando estradas, rúas e vilas baleiras e desertas, sen medios de protección que se foron conseguindo lentamente e coa incerteza sobre o futuro da nosa saúde e da sociedade en xeral, tivo un certo apoio e recoñecemento nesta orde.