A Ministra de Sanidade favorable ao recoñecemento do Traballo Social como profesión sanitaria.
Data: Abril 24, 2025

A Ministra de Sanidade, Mónica García, contestou no pleno do Senado este mércores á senadora Olaia Durarte, do Grupo Parlamentario de Izquierdas pola la Independencia, sobre cando vai atender o Goberno a petición de recoñecer o Traballo Social sanitario como profesión sanitaria. Esta situación é unha realidade consolidada na práctica, pero sen translación ao ordenamento xurídico.

A ministra afirmou que comparte o posicionamento da senadora sobre a situación dos e das profesionais do sistema sanitario. Así sinalou que despois do traballo que o Ministerio esta realizando para o cambio do Estatuto Marco,  procederan coa modificación da lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, paso necesario para incorporar legalmente o Traballo Social á relación de profesións sanitarias.

A titular de Sanidade continuou explicando que se esta a traballar  con organizacións para avanzar nas condicións desta modificación normativa, asegurando que  en distintos plans do Ministerio os e as traballadoras sociais son elementos importantes na concepción da atención e coordinación sociosanitaria.

Podes ver aquí a nota do Consejo General e o vídeo da intervención da titular de Sanidade no Senado.