O próximo 18 de marzo, celebrarase en todo o mundo o Día do Traballo Social 2025. A Federación Internacional de Traballo Social plántea como obxectivo para este ano salienta a importancia de coidar e respectar ás distintas xeracións para construír sociedades fortes, á vez que se preserva o medio ambiente e se comparte a sabedoría para un mundo mellor. O lema escollido para sintetizar esta proposta é “Fortalecer a solidariedade interxeracional para un benestar duradeiro”.
O lema para o 2025 dálle continuidade aos escollido en anos anteriores, Ubuntu e Buen Vivir, ampliando o campo de visión para centrarse nos coidados interxeracionais, e destacar que a responsabilidade dos mesmos correspóndenos a todas as persoas, non so das mulleres como é habitual en algunhas sociedades.
Joachim Mumba, Presidente da FITS afirma:
“Este lema destaca o papel crítico do coidado interxeracional, o respecto e a colaboración na creación de comunidades resilientes e con ambientes sostibles. Subliña a dedicación da profesión do Traballo Social para construír conexións que valoren a sabedoría dos nosos maiores ao tempo que capacita ás xeracións máis novas para afrontar os desafíos de hoxe e contemplar un futuro mellor. Xuntos, podemos construír un mundo onde a compaixón e a solidariedade sentan as bases para un benestar duradeiro para todas as persoas. Como di un proverbio africano: “Se acendes unha luz para alguén, tamén iluminará o teu propio camiño”. Os nosos esforzos colectivos por elevarnos mutuamente iluminan o camiño a seguir para todos”.