O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia co obxecto de promover a investigación entre as persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a nosa labor profesional entre a sociedade, convoca anualmente os premios do día mundial do Traballo Social. O prazo para a presentación dos traballos é ate o 28 de febreiro.
O COTSG premiará no vindeiro ano 2025, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia dunha boa práctica realizada en Galicia. Todas elas deberan ter relación directa coa disciplina do Traballo Social.
Só se poderá concorrer a unha das modalidades.
Amplía a información e mira as bases e demais documentación AQUI