Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Funcións:
• Adaptación de persoas ao posto de traballo: Detectar e determinar, previa valoración de capacidades da persoa e análise do posto de traballo, as necesidades de apoio para que o traballador con discapacidade poida desenvolver a súa actividade profesional.
Establecer apoios individualizados para cada traballador no posto de traballo.
• Intermediación sociolaboral: Establecer as relacións precisas coa contorna familiar e social dos traballadores con discapacidade, para que este sexa un instrumento de apoio e estímulo ao traballador na incorporación a un posto de traballo e a estabilidade no mesmo.
• Cualificación e formación profesional: Desenvolver cuantos programas de formación sexan necesarios para a adaptación do traballador ao posto de traballo así como ás novas tecnoloxías e procesos produtivos.
• Desenvolvemento de habilidades sociolaborais: Favorecer e potenciar a autonomía e independencia dos traballadores con discapacidade, principalmente, no seu posto de traballo.
Favorecer a integración de novos traballadores ao Centro Especial de Emprego mediante o establecemento dos apoios adecuados a tal fin.
Asistir ao traballador do Centro Especial de Emprego no proceso de incorporación a Enclaves Laborais, e ao mercado ordinario de traballo e ao autoemprego.
• Atención preventiva: Detectar e intervir nos posibles procesos de deterioración evolutiva dos traballadores con discapacidade a fin de evitar e atenuar os seus efectos.
