Fins e funcións

Os Estatutos Particulares do COTSG regulan o funcionamento da entidade colexial, na que se recollen os seus fins esenciais:

E

Ordenación do exercicio da actividade profesional

E

Representación exclusiva da profesión na Comunidade Autóma de Galicia

E

Observancia dos principios xurídicos, éticos e deontolóxicos

E

A formación permanente das persoas colexiadas

E

Defensa dos intereses profesionais das persoas colexiadas

Entre as súas funcións máis salientables están:

E

Exercer a representación que establezan as leis

E

Colaborar coas Administracións Públicas e outras entidades en relación coa disciplina do Traballo Social

E

Promover a participación activa, fomentando o asociacionismo

E

Perseguir e denunciar o intrusismo profesional, así como a ilegalidade no exercicio da profesión

E

Velar polo cumprimento dos principios éticos e criterios profesionais

E

Procurar a harmonía e colaboración entre as persoas colexiadas

E

Desenvolvemento de servizos e actividades que redunden nunha mellora da calidade da intervención social

Normativa colexial

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia é unha corporación de dereito público de carácter representativo da profesión, amparada pola lei e recoñecida polo Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

O COTSG integra ao colectivo profesional de Traballadores/as Sociais que exercen a súa actividade en Galicia, así como as persoas que desexan incorporarse aínda que non estean desempeñando a profesión.

Código Deontolóxico en Galego