Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2021 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.
Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.
Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.
Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terán a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.
Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Número de praza: PF000959.
Subgrupo: A1/A2.
Nivel: 28.
Complemento específico: 30.091.32 €.
Quenda: mañá.