Posgrao

Os estudos de Posgrao

As persoas graduadas poderán ampliar a súa formación cursando  Mestrados e  Doutorados. Ámbolos dous forman parte dos estudos universitarios oficiais, cuxo obxecto é a especialización  profesional nunha área determinada.

Proceso académico oficial de Grao e Posgrao:

Mestrados (60-120 créditos ECTS)

As ensinanzas de Mestrado teñen como finalidade a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben promover a iniciación en tarefas investigadoras. Para acceder a esta enseñanza é necesario estar en posesión dun título de Grao ou título de Arquitectura, Enxeñería, Licenciatura, Arquitectura Técnica, Diplomatura, Enxeñería Técnica ou Maestría.

A superación dun mestrado supón a obtención do título de Mestrado Universitario coa denominación específica.

As saídas profesionais no mercado laboral dependerán da área de especialización. Outras posibilidades laborais son:

  • Profesorado/ docencia.
  • Profesorado Universitario a tempo parcial.
  • Publicacións.
  • Acceso ao Doutorado.

Universidades con títulos de Mestrados oficiais a distancia ou semipresenciais:

UNIR

Universidad Internacional de La Rioja.

UNED

Universidad nacional a distancia.

UOC

Universitat Oberta de Catalunya.

VIU

Universidad Internacional de Valencia.

UDIMA

Universidad a distancia de Madrid.

USAL

Universidad de Salamanca.

Doutorado (de 3 a 5 anos según plan ou ampliación)

O Doutorado é un periodo académico regrado posterior ao Mestrado oficial (e por vía investigadora) que proporciona ao alumnado unha formación avanzada nas técnicas de investigación. Esta ensinanza poderá incorporar seminarios, cursos ou outras actividades encamiñadas á formación investigadora e incluirá a elaboración e presentación dunha tese doutoral.

Unha tese doutoral é unha investigación novidosa guiada e titorizada poloprofesorado da Universidade cunhas pautas científicas e académicas concretas e cuxo obxecto é analizar, descubrir e reflexionar, en definitiva, aportar á comunidad científica empregando unhas ferramentas determinadas. Trala elaboración da tese, é necesaria a súa defensa ante un tribunal experto que a avalíe.

É posible realizar un doutorado noutro país, realizar unha modalidade mixta ou noutro idioma.

As saídas profesionales poden ser:

E

Profesorado de Universidade

E

Cátedra Universitaria

É a categoría máis alta das ensinanzas universitarias. Son necesarios anos de docencia universitaria

E

Investigación

E

Publicacións de prestixio

Posgraos (Oficiais vs. Propios)

A especialización posterior ao grao puede ser oficial ou propia. A oficial asegúranos unha guía e unha calidade común ao territorio nacional. A formación propia é, como o seu nome indica, de xestión propia e tén tamén beneficios coma a amplitude da oferta formativa. Un título propio pode ser válido para acceder ao mercado laboral sempre e cando teña calidade, o ofreza unha entidade consolidada e sexa valorado pola entidade ou empresa contratante.

A estrutura dos títulos propios variará segundo a entidade que a organice, así como as súas horas, os  seus obxectivos e os seus contidos.

Grao en Traballo Social

O proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior, iniciado coa Declaración de Bolonia de 1999, inclúe entre os seus obxetivos a adopción dun sistema flexible de titulacións; comprensible e comparable, que promova oportunidades de traballo, así como unha maior competitividade internacional do sistema de educación superior europeo.

A Declaración de Bolonia establece un horizonte temporal para a plena consecución deste espazo, fixando como data límite o 2010.

Este novo sistema de titulación, que afecta aos estudos actuais de Traballo Social, comprende ensinanzas de:

-Primeiro ciclo: Grao
-Segundo ciclo: Posgrao
-Terceiro ciclo: Doutor/a

¿Que hai das persoas xa Diplomadas en Traballo Social ?

As/os actuais Diplomadas/os conservan os seus dereitos intactos, pero hai que sinalar que, non existirá a posibilidade de convalidación automática do Título de Diplomada/o en Traballo Social polo Título de Grao en Traballo Social.

Mais información:

O COTS de Galicia, elaborou un documento froito da conferencia “O título de Grao en traballo social: Repercusións nos/as actuais diplomados/as”, impartido por Ana I. Lima Fernández, Presidenta do Consejo General de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales, e dos documentos remitidos polo Consello Xeral.

Curso Ponte en Traballo Social

¿Que é Curso Ponte?

Curso Ponte ou Curso de Adaptación é o diseño curricular concreto de acceso ás ensinanzas de Grao por parte de titulados/as da anterior ordenación, é dicir, acceso da Diplomatura ao Grao (Anexo I Memoria para a Solicitude de Verificación de Títulos Oficiais do Real Decreto 861/2010 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. BOE nº 161 do sábado 3 de xullo de 2010).

Nota:

O RD 967/2014, do 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de educación superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos oficiais de Arquitecto/a, Enxeñeiro/a, Licenciado/a, Arquitecto/a Técnico, Enxeñeiro/a Técnico e Diplomado/a, non supón en ningún caso a homologación dos títulos de Diplomado/a e Graduado/a en Traballo Social. Aínda que teñan un nivel recoñecido de MECES 2 en ambos os dous casos, son titulacións distintas.

Documento da Conferencia de Decanos, Decanas, Directores e Directoras de Traballo Social da Universidad Española, en relación á correspondencia do título oficial de Diplomado/a en Traballo Social cos niveles do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), establecido no artigo 4 do R.D. 1027/2011.