Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia estamos a preparar unha serie de vídeos curtos para redes sociais con profesionais de distintos ámbitos.
Gustaríanos moito contar contigo. Só tes que gravar un vídeo breve respondendo a unha destas preguntas, a que máis resone contigo ou coa túa práctica:
- Por que é importante o Traballo Social na atención da violencia contra as mulleres?
- Que papel ten o Traballo Social no acompañamento nas situacións de violencia?
- Por que é importante traballar coa mocidade e na educación para previr a violencia?
Para que todos os vídeos teñan unha liña común, pedímosche que:
- Comeces dicindo: “Son [nome], [profesión / onde traballas], e o Traballo Social é importante na prevención da violencia contra as mulleres porque…”
- Remates coa frase: “Este 25N, o Traballo Social tamén está contigo.”
- Preferiblemente falar en Galego.
- O vídeo dure entre 30 e 60 segundos.
Recomendacións para a gravación:
- Grava co móbil en vertical.
- Busca un lugar con boa luz, mellor luz natural de fronte, e sen ruído.
- Usa un fondo sinxelo e ordenado.
- Mira á cámara e fala con calma.
- Se podes, leva algunha prenda ou complemento morado.
Envíanos o vídeo antes do 20 de novembro ou a este correo ou ao 604076595 (á hora de envíalo se podes seleccionar a calidade e darlle a HD mellor)
*Ao enviar o vídeo, autorizas ao Colexio a publicalo nas súas redes sociais e web no marco desta campaña.
Moitas grazas pola túa colaboración!


