Participación no simulacro anual de emerxencia e evacuación do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo

O pasado xoves, 12 de novembro de 2026, tivo lugar sala de reunións do Edificio Administrativo de Vigo o simulacro anual de emerxencia e evacuación, configurado nesta ocasión como un exercicio de mesa

Esta actividade de adestramento estruturado permitiu aos responsables de seguridade e emerxencias analizar e debater de forma teórica os protocolos de actuación ante un suposto incidente, sen requirir a mobilización física do conxunto do persoal.

No marco desta sesión, na que se revisou o guión previsto e se aportaron melloras e suxestións, cómpre destacar a participación activa de Teresa Elvira, en calidade de vogal da Xunta de Goberno e integrante do grupo do GIES (Grupo de Intervención en Emerxencias e Sociais). Durante o simulacro, a súa intervención centrouse en achegar as aportacións e concrecións oportunas desde o ámbito das funcións propias do Traballo Social nas emerxencias, garantindo así a coordinación e a perspectiva específica destas áreas no desenvolvemento do exercicio.