O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia participa na asemblea da Unión Profesional de Galicia.
Ángela Justo, vogal da Xunta de Goberno, asistiu o pasado 4 de novembro á asemblea da Unión Profesional de Galicia en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
Con esta participación, o Colexio continúa presente nos espazos de encontro e representación das profesións colexiadas galegas, contribuíndo ao fortalecemento da colaboración interprofesional e á defensa dos intereses comúns dos colexios profesionais.
A presenza nestes foros permite tamén dar visibilidade ao Traballo Social e reforzar a súa participación no ámbito profesional galego.

