O COTSG reúnese coa Consellería de Sanidade para coñecer o Plan de Reforma Integral da Atención Primaria.
Rosario Capelo Casas, presidenta do COTSG, Isabel Fernández, vogal da Xunta de Goberno e David Gontán, coordinador do COTSG, en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) acudiron á Consellería de Sanidade para participar nunha xuntanza de traballo sobre o Plan de Reforma Integral da Atención Primaria 2027-2030.
A presentación do plan correu a cargo de Sofía López Linares, Directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, e Patricia Pazos Crespo, Subdirectora Xeral de Atención Primaria.
No encontro ademáis da presentación do plan, destacouse a creación de 27 novas prazas de Traballo Social, co obxectivo de avanzar cara a unha ratio de 1 profesional no servizo por cada 7.500 tarxetas sanitarias. Dende o COTSG amosouse, a máxima disposición a colaborar no desenvolvemento do plan e reiterouse o papel indispensable do Traballo Social Sanitario no fortalecemento da atención primaria en Galicia.

