Apoio ao alumnado do grao en Traballo Social da USC

Data: Novembro 4, 2026

O COTSG manifesta o seu apoio ao alumnado do Grao en Traballo Social da USC e esixe a garantía dunha titulación 100% pública e transparente.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), como entidade representativa das e dos profesionais da disciplina na nosa comunidade, desexa trasladar o seu público e firme apoio ao estudantado do Grao en Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela diante da situación de incerteza que leva tempo afectando ao seu desenvolvemento académico e económico.
Como profesionais, defendemos sen fisuras o valor do Traballo Social como unha titulación fundamental para o benestar e a xustiza social. Por iso, consideramos imprescindible que o acceso e desenvolvemento destes estudos se dea no marco do ensino público, de calidade e en condicións de absoluta igualdade e equidade.
Diante dos acontecementos e reivindicacións actuais, o COTSG manifesta:

1. Defensa do grao público: Reafirmamos o noso compromiso cunha formación pública e accesible.

2. Exixencia de transparencia: Instamos á Universidade de Santiago de Compostela e ás institucións competentes a ofrecer información clara, rigorosa.

3. Cumprimento dos compromisos: Facemos un apelamento á responsabilidade institucional para que se garantan e se cumplan os calendarios e acordos previamente establecidos, acelerando a integración definitiva do grao no marco estritamente público.