Carta sobre a situación de emerxencia sanitaria en Ceuta

Data: Outubro 14, 2026

Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) queremos agradecer e recoñecer a profunda onda de solidariedade e compromiso amosada polas nosas colexiadas e colexiados, que se ofreceron de xeito voluntario para desprazarse e apoiar na emerxencia humanitaria de Ceuta, así como a disposición das compañeiras e compañeiros do Grupo de Intervención en Emerxencias Sociais G.I.E.S.

Como profesionais do Traballo Social, temos claro que a intervención en contextos de crise non pode quedar nunha mera declaración de intencións. Requírese rapidez, presenza e, sobre todo, unha actuación coordinada e estruturada que garanta a eficacia no terreo. Neste sentido, dende o COTSG trasladamos ao Consejo General a necesidade urxente de contar con canles e protocolos oficiais unificados que permitan canalizar adecuadamente esta valiosa oferta de voluntariado e coñecer o estado actual dos dispositivos de intervención, como o GEIES.

O Traballo Social Galego está preparado, ten a vontade e está a disposición das institucións para colaborar, pero sempre dende a rigorosidade, a planificación e a coordinación colectiva que unha emerxencia desta magnitude esixe. A defensa dos dereitos humanos e a protección das persoas vulnerables requiren organización e resposta institucional firme.

Podes ler a carta completa enviada ao Consejo General no seguinte enlace https://traballosocial.gal/wp-content/uploads/2026/10/carta-o-consejo-situacion-ceuta.pdf