Novo Blog con Jennifer Santín, traballadora social da Fundación Degén

Data: Setembro 25, 2026

Jennifer forma parte do equipo profesional do Programa de Acollida para persoas recentemente diagnosticadas de párkinson, recoñecido co Premio do Día Mundial do Traballo Social 2026 na modalidade de Boas Prácticas.

Desde xullo de 2025, o programa realizou 280 atencións e levou as súas Axendas de Acollida aos servizos de Neuroloxía de oito hospitais galegos. A iniciativa parte dunha idea esencial: recibir un diagnóstico de párkinson non é só un feito clínico, senón unha experiencia que pode transformar a identidade, a vida familiar, os vínculos e os proxectos de futuro.

Nesta conversa achegámonos a unha intervención que combina acollida individual, atención psicosocial e conexión comunitaria, e que reivindica o lugar do Traballo Social desde os primeiros momentos do diagnóstico. Falamos con Jennifer sobre autonomía, información, acompañamento, traballo en rede e a importancia de non reducir nunca unha persoa á súa enfermidade.

Podes ler a entrevista completa no seguinte enlace https://oblog.traballosocial.gal/unha-acollida-que-humaniza-o-diagnostico-do-parkinson/